Conseguistes resolver todas as actividades?...
Sí? Parabéns.!!
Non? Non pasa nada, aquí che explicamos as que faltaban ;)
ACTIVIDADE 4
Aquí temos un labirinto, penso que esta é a actividade máis difícil se non entendes o que hai que facer. Alá imos!
No labirinto aparecen diferentes medios de transporte (un coche, un avión, un cohete, un barco, un camión e un autobús). Debaixo do labirinto, aparecen unhas tarxetas cunha palabra e un debuxo dos anteriores (coche, barco...); ao rematar as tarxetas coas palabras, aparecen outras tarxetas coas definicións e outro medio de transporte.
O que temos que facer é fixarnos nos medios de transporte.
Por exemplo, se na tarxeta coa palabra CRISTIANOS aparece o debuxo dun coche, e nas tarxetas coas definicións, neste caso "Aquellos que han sido bautizados" aparece o debuxo dun barco, no labirinto temos que levar o coche ata o barco.
ACTIVIDADE 5
Esta vez temos o típico xogo do aforcado, no que hai que adiviñar unha palabra relacionada co tema. Pinchades na letra que queredes elexir e xa aparece escrita en todas as posicións nas que esté, se non aparece esa letra na palabra a adiviñar, desaparecerá un cohete. Tedes que resolver antes de quedar sen cohetes. Ánimo que é moi doado!!
ACTIVIDADE 6
SOPA DE LETRAS: As palabras poden aparecer en horizontal, vertical e oblicuo, tanto ao dereito como ao revés, e cada vez que o fagades poden aparecer palabras novas, pero sempre relacionadas co tema da Igrexa.
Algunhas desas palabras son:
OBISPO - PÁRROCO - CRISTIANOS - PAPA - MISIONEROS - MONJA
ACTIVIDADE 7
Estamos chegando ao final... Aquí deberemos ordenar as tarxetas de maior a menor rango dentro da Igrexa. Inténtao tí agora!
Estamos chegando ao final... Aquí deberemos ordenar as tarxetas de maior a menor rango dentro da Igrexa. Inténtao tí agora!
Conseguíchelo? Se non foi así, aquí che deixo a orde na que debes colocar as tarxetas:
PAPA
OBISPO
PÁRROCO
MONJA
MISIONEROS
LAICOS
Foches quen de chegar ao final?
Sí? Parabéns de novo.
Non o lograches e non sabes como seguir? Envíame unha mensaxe en CONTACTO ou envíame un COMENTARIO explicándome onde estás atascado e axudareiche con moito gusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario