Esperamos que vos gustasen as actividades da seño Elena sobre a Igrexa.
Aquí vos deixo a explicación das 3 primeiras actividades:
ACTIVIDADE 1
Son cartas con definicións importantes do tema da Igrexa. Se pinchades na carta poderedes ver que xira e aparece a definición da palabra. Son 9 cartas coas seguintes definicións (non aparecen sempre pola mesma orde):
LAICOS - OBISPO - MISION DE LA IGLESIA - PÁRROCO -
CRISTIANOS - PAPA - MISIONEROS - EVANGELIZAR - MONJA
ACTIVIDADE 2
Tedes que resolver un puzzle, o resultado é o seguinte debuxo:
ACTIVIDADE 3
Nesta actividade hai que ASOCIAR cada definición coa palabra que lle corresponde, para facelo pinchades na definición e logo na palabra asociada, ou ao revés, como prefirades. As palabras son case todas as da actividade 1.
Por hoxe nada máis, deixovos ata o mércores para resolver as actividades seguintes sen axuda. Estou segura de que moitos de vós xa o conseguistes; para os que non foi así, non vos desanimedes, ao mellor é que sodes moi cativos para resolvelo... pensade que é unha actividade para facer en 3º de Educación Primaria, despois de ter explicado o tema da Igrexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario