Seguidores
29 abril 2020
DIA DA NAI
Ola rapaces e rapazas!
Como xa sabedes, o primeiro domingo do mes de Maio, mes das flores e mes de María, celebramos o Día da Nai. Fixádevos se unha nai é importante, que ata Deus escolleu a María para que fose a súa...
Xa sabemos que non podedes ir mercar material e nas casas non sempre dispoñemos do material necesario para facer moitas manualidades diferentes, pero por iso vos mando diferentes opcións.
Escollede a que máis vos guste dentro das vosas posibilidades e regaládelle a mamá algo especial este domingo.
Estamos seguras de que lles gustará, aínda que non poida ser unha sorpresa e todos os días lle digades cánto as queredes. Algún detalle feito por vós será o mellor agasallo do mundo para ela.
Änimo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario