DIA DE SAN XOSÉ e DIA DO PAI
O día de San Xosé conmemórase ao patrón universal da Igrexa
Católica. San Xosé ou Xosé de Nazaret tivo a responsabilidade de ser
o esposo de María e asumir a paternidade terrenal de Cristo. Sábese
que era carpinteiro, polos primeiros capítulos dos evanxeos de
Mateo e Lucas. É chamado o Santo do silencio, porque nos relatos
bíblicos non aparece ningunha palabra pronunciada por él; só a súa fe, amor
e comprensión por María e Xesús. O máis probable é que morrese
antes da vida pública de Xesús, xa que de vivir estaría ao pé da cruz con María. Dacordo ao
costume patriarcal da familia xudea, San Xosé é a cabeza da
Sagrada Familia. É considerado o modelo de esposo e pai cristiano,
patrón dos traballadores e da boa morte. A súa festividade celébrase o 19 de marzo, por iso en moitos países de tradición cristiá este día é o escollido para celebrar o Día do Pai.
Curiosidade "Os Pepes": O motivo de que ás persoas co nome de Xosé se lles
coñeza tamén como Pepe, no é outro que, ao non ser o pai biolóxico de Xesús
era por tanto o seu pai putativo, e en moitas pinturas ou esculturas
ou ao ler algo nas escrituras sobre él, añadíanse tras o seu nome as
iniciales PP (pai putativo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario