a piques de rematar un curso sobre os "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación" podo dicir que non me esperaba que fose tan denso e útil ao mesmo tempo. Considero que foi un curso cunhas nocións máis que suficientes sobre unha forma distinta de traballar, de aprender e de ensinar. Xa coñecía algunhas nocións básicas da aprendizaxe colaborativa na aula, pero non sabía que podería resultar tan útil traballar colaborativamente a través da rede.
Aprendín a ir construíndo unha boa rede persoal de aprendizaxe e asombreime coa de información á que se pode chegar sen andar perdidos pola Internet.
Neste curso utilizamos diferentes recursos para aprender en rede: Diigo, Feddly, Twitter, Blogger, Slideshare, Pinterest, Google Docs, Dropbox...
Pero tamén aprendemos a buscar información na rede e non quedarnos coa primeira páxina que aparece, senon a saber facer unha curación de contidos útil, e foi isto o que me pareceu máis interesante e primordial, xa que se somos capaces de facer unha boca curación de contidos, o noso PLE será moito máis rico, e poderemos difundir a información veraz coa seguridade de estar compartindo algo que lle pode resultar útil a outra xente.
Evidentemente, non empecei o curso se coñecer nada do que íamos a ver, pero sí recoñezo que non lle estaba sacando nen a metade de rendemento do que podía aos recursos que estaba a utilizar e que eran Blogger e Pinterest a nivel público, e Youtube, Slideshare, Dropbox ou Twitter a nivel persoal. Agora todos eles me serven para aprender e non soamentes como lugar de consulta ou almacenamiento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario